"Cóntamo e olvidareime, Ensínamo e pobablemente o recordarei, Involúcrame e o entenderei".CONFUCIO 450aC

miércoles, 19 de febrero de 2020

TÉCNICAS BIOTECNOLÓXICAS 3

Imaxes dos diversos materiais presentados na sesión

BIOINFORMÁTICA

Cazando mutantes.

Unha sesión de laboratorio de sillón no STEM Bach Ollos Grandes a cargo do profesor de Bioloxía,  Carlos Villamor.

Esta actividade será de gran utilidade para os biólogos, xenetistas, microbiólogos do futur xa que consiste no manexo de bases de datos de diversos xenomas, neste caso do xenoma humán.

Cunha forte base teórica na que conceptos como Código xenético, traducción, mutación, base nitroxenada é clinica médica fluían como si de una sopa de letras se tratara.

Esta técnica pola que se localizan variacións mínimas nas longas cadeas dun xen seven para diagnosticar enfermidades raras, virus novos ou unha mutación para o cancro.

A sesión foi moi amena e discorreo con gran fluídez, a pesar das dificultades teóricas e o alumnado respostaba con habilidade as preguntas que realizaba o profesor.

Moitas grazas, Carlos por compartir a túa paixón connosco.

Diversos momentos da sesión



lunes, 17 de febrero de 2020

Charlando con científicos: Mar interior

Varios momentos da conversa.

MAR INTERIOR:

Conversaciones a la Deriva con un oceanógrafo, unha conversa con Pablo Otero.

Esta tarde no Salón de Actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo falamos de oceanografía. De oceanografía, de correntes mariñas pero tamén de emocións e de ilusións.

Para os alumnos e alumnas de bacharelato charlar con científicos e algo difícil de imaxinar, sempre se ven como algo lonxano e de moito nivel intelectual (esto último moi certo) por iso este tipo de actividades aproximan a ciencia as aula e os científicos á sociedade.

Engadimos dous puntos importantes a destacar nesta conversa: a contextualización da ocenografía e a importante aplicación matemática da creación e uso de modelos matemáticos.

Contextualización, porque tradicionalmente falabamos de ciencia en abstracto e detectamos que o alumno ó aprender os conceptos descontextualizados non sabe aplicalos en ningunha situacióne menos, interpretalos.

O uso de modelos matemáticos porque poucas son as ocasións nas aulas de ver os modelos matemáticos e as súas aplicacións en todo tipo de situacións, por exemplo no estudo das correntes mariñas e a súa distribución mundial.

Así que, a pesar do pouco tempo de que dispoñíamos, destacamos o gran compromiso de Pablo Otero coa actividade, a perfecta selección de contidos e a súa aproximación as aulas de bacharelato e de bacharelato STEM de este centro.

Antes de comezar a charla dous alumnos de STEM, Ánder e Daniel fixeron unha entrevista a Pablo Otero que próximamente colgaremos no podcast de este blog.

Moitas grazas por esta inicitiva e por achegarnos o mar ó interior.




sábado, 15 de febrero de 2020

M en STEM BACH

Modelos matemáticos sinxelos

PAIXON POLAS MATES

Esta  emoción foi a que nos transmitiu Miguel Vilar, profesor da USC, coa sua sesión teórica sobre Modelos Matemáticos

Este mércores todos aprendimos a querer un pouco máis ás matemáticas. 

Cun linguaxe próximo, non exento de tecnicismos, Miguel Vilar nos desubriu o mundo das matemáticas nas propias leies da natureza. 

Ensinounos o valor das ecuacións para o deseño de modelos que nos axuden a predecir comportamentos de sistemas naturais, económicos.... A fin de contas os modelos mateméticos predictivos estamos usándoos todos os días, dende a a consulta dos avances das tormentas, da temperatura, á expanxión do coronavirus, a perda de valor das accións.....

Grazas Miguel, por esta clase que se nos pasou nun suspiro.



jueves, 6 de febrero de 2020

TÉCNICAS BIOTECNOLÓXICAS 2

Introdución ó cultivo in vitro

CULTIVO DE PLANTAS IN VITRO

Sesión formativa de técnicas básicas de cultivo in vitro a cargo de Juan Luís Fernández profesor da USC, Campus Terra.

As técnicas de cultivo in vitro sempre teñen unha moi boa acollida entre o alumnado. Consiguen captar a súa atención e son de fácil aplicación práctica. 

Pero, que finalidade teñen estas técnicas?
Porque falamos do gran interese económico e social que terán estas técnicas no futuro?

Sabemos que os tecidos vexetais teñen unha gran capacidade de rexeneración e as técnicas de cultivo in vitro xorden de esta característica tan especial.  

Dende mediados do século pasado avanzouse en estratexias de cultivo de plantas en medio líquidos e semisólidos e fixerónse avances sorprendentes na mellora vexetal.

Obxectivos a conseguir
Na actualidade estas técnicas van dirixidas cara unha agricultura de precisión, a obtención de plantas de interese na alimentación no espazo exterior, na obtención de principios activos para fabricación de cosméticos, menciñas....
Vamos, todo un reto que engancha a propios e estranos.

Visita web do CSIC para máis información.


sábado, 1 de febrero de 2020

TÉCNICAS BIOTECNOLÓXICAS

Preparativos e charla introductoria por parte do profesorado USC

 BIOTECNOLOXÍA DO ADN (I)

PCR e electroforesis en gel de agarosa

Técnicas básicas, moi versátiles con unha gran aplicación en moitos ámbitos da vida actual.

Na tarde do mércores seguimos coa fase 2 do STEM Ollos Grandes de 1º BAC. Esta etapa consiste en mostrar o alumnado diversas técnicas de investigación e as súas posibles aplicacións. 

É unha fase importante xa que logo poderán escoller o proxecto de investigación que presentarán en 2º de bac.

Belén Gómez, profesora da USC en santiago e Jaime Castro profesor de Xenética na Facultade de Veterinaria introduxeron ó  alumnado na técnica do ADN Recombinante.

Con un despliegue increíble de "novos" apartos de laboratorio nos introduxeron na PCR de Kary Mullis, no ADN altamente repetitivo dos  microsatélites. Para rematar coa separación dos microsatélites nun xel de agarosa.


O alumnado disfrutou enormemente da experiencia xa que tiveron unha gran implicación práctica, realizando todas as terefas posibles e responderon a todas as cuestións que ían xurdindo no seu desenvolvemento.

Gracias a Belén e Jaime por unha tarde maravillosa.


jueves, 30 de enero de 2020

VALORACIÓNS DA EXPOSICIÓN DOS PROXECTOS

I Graduación STEM nos xornais

I PROXECTOS STEM

Valoracións do alumnado

Aurora e Paula

Para comenzar, la presentación trataba acerca de un tema que nos interesó mucho, el ADN, como vimos en la pasada sesión utilizando la técnica de la PCR, la cual nos entusiasmó.
La forma de presentación del trabajo nos pareció muy correcta, tanto la utilización de tecnicismos sobre este tema, como su apoyo en las diapositivas; excepto por los fallos ya comentados por parte del jurado.
En conclusión, la presentación del proyecto sobre el ADN tratado con la técnica de la PCR nos resultó muy buena.

domingo, 26 de enero de 2020

GRADUACIÓN I Promoción STEM Bach Ollos Grandes

I PROMOCIÓN STEM

O mércores 22 de xaneiro, coincidindo coa presentación dos I Proxectos de Investigación STEM, o alumnado participante recibiu un Diploma en recoñecemento á súa labor.

O alumnado STEM a compañados polos representantes da Consellería de Educación, representantes da USC e os representantes do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.


Foi un acto moi emotivo onde todos e todas coincidimos en sinalar como un paso de xigante cara unha nova etapa na aprendizaxe da ciencia e a tecnolóxica. Os discursos tiveron palabras de agradecemento para un alumnado comprometido que foi capaz de priorizar o seu tempo cara a investigación fronte o tempo de lecer nun momento onde a selectividade actual e as súas esixencias oi pon moi, moi difícil.

Así mesmo houbo palabras de agradecemento para o profesorado da USC, Campus Terra de Lugo, para Xuvenciencia polo compromiso acadado no proxecto e a súa dispoñibilidade á cooperación.
Gracias por transferir á sociedade o seu coñecemento.

Tamén agradecer ó profesorado voluntario do Centro educativo, IES Ollos Grandes, que adicou moitas horas a esta idea innovadora.
IMAXES DO ACTO.



Pero o máis importante foi o discurso do noso alumnado STEM que con un gran dominio escénico trasladou as súas importantes reflexións a un público entregado. Transcribimos o discurso completo:

Boas tardes a todos, moitas gracias por vir ao que é o último evento da primeira promoción Stem deste instituto. Pasaron dous anos dende que entramos a participar no Stem, dous anos durante os cales aprendimos a traballar dunha forma moi diferente á que se ensina nas aulas. Iste proceso foi un aprendizaxe activo que, dende o noso punto de vista, é moi positivo para o alumnado xa que somos nós quenes tomamos a iniciativa, aprendemos a resolver os problemas que van surxindo, interiorizamos conceptos teóricos dunha maneira máis doada e amena… Ademais, esta forma de traballo fomenta a mentalidade de equipo, xa que neste período de tempo puidemos coñecernos os uns aos outros e afrontar os problemas que poden derivar do traballo con outras persoas, sempre salvando as nosas diferenzas e consegiundo atopar solucións conxuntas que integrasen todos os puntos de vista. Isto tamén é crecer e aprender a ser persoas. No STEM puidemos experimentar esta nova forma de traballo, apoiándonos sempre nos profesores, aos que lles estamos profundamente agradecidos por todo o traballo e esforzo que nos adicaron e seguen a adicarnos, que moitas veces non se ve pero sen eles todo isto non funcionaría. Eles creen nesta metodoloxía á hora de formarnos xa dende pequenos, e traballan por facernos partícipes da nosa propia educación. É isto o que máis admiramos deles, a paixón e a forma na que se preocupan por nós e a capacidade de comprendernos e a paciencia que teñen. Tamén nos gustaría agradecer á universidade e, especialmente, aos tutores da univerisdade que nos axudaron durante toda esta experiencia para facela máis asequible e tamén para colaborar coa elaboración dos traballos aportando a súa experiencia. Estes dous anos fixemos moitas cousas. Dende actividades prácticas no laboratorio ata a presentación de proxectos en Madrid, viaxe que recordamos con moito cariño, o Stem foi un proceso de enriquecemento persoal contínuo. Con estes traballos de investigación rematamos a nosa formación Stem mais nunca esqueceremos todo o que aprendimos. Por último, gustaríanos remacar o esforzo que supuxo o Stem, tanto para profesores como para alumnos, e que sentimos que as institucións non valoran. Dende aquí queremos aproveitar este acto para facer un chamamento ás autoridades educativas para que se tome en consideración todo o traballo e entusiasmo invertido no Stem. A nota do Stem aparecerá no boletín como unha nota máis, pero non se terá en conta á hora de facer a media de BAC. Este só é un exemplo de accións que se poderían tomar para recompensar o noso esforzo, tendo en conta no momento no que se fai, xa que é por todos sabido que segundo de Bac non é un curso para nada doado. Por outra parte, tamén debería valorarse o recompensar aos profesores pola súa labor no Stem. Con todo, unha vez xa experimentada esta forma de traballo, cremos que se esta metodoloxía se intentase implantar nas aulas, estando vixente a actual lexislación, sería imposible que fose dunha forma efectiva, xa que en bacharelato, especialmente en segundo, todo vai focalizado ás probas de acceso á universidade. Non podemos primar unha proba escrita, onde os alumnos repiten o aprendido en troques dunha forma máis efectiva de aprender. Neste sistema atopamos alumnos frustrados e desalentados que non queren estudar, e que non senten paixón polo coñecemento, isto quizás podería cambiar se se traballase doutra forma, quizás como a forma Stem. Grazas por estar aí, tanto aos pais, compañeiros e docentes, que fixeron desta unha experiencia tan enriquecedora.
                                                                                                        Carmen López e Mario López

O acto rematou con un momento de relax e intercambio de impresións entre todos e todas os asistentes.




podcast

TÉCNICAS BIOTECNOLÓXICAS 3

Imaxes dos diversos materiais presentados na sesión BIOINFORMÁTICA Cazando mutantes. Unha sesión de laboratorio de sillón no STEM...