"Cóntamo e olvidareime, Ensínamo e pobablemente o recordarei, Involúcrame e o entenderei".CONFUCIO 450aC

viernes, 21 de diciembre de 2018

1ª EXPOSICIÓN STEM BAC

O venres 21 o alumnado STEM "someteuse" ó primeiro escrutinio do público coa exposición oral do seu primeiro proxecto.

Diante de máis de 100 alumnos e alumnas Mario, David, Ana, Puala, Jaime, Xiao, Judith, Mario e Jorge defenderon as súas investigacións. Aínda que era o mesmo traballo e partían dos mesmos datos, o enfoque foi diferente en cada caso e mesmo as conclusións foron diferentes. Toda unha experiencia!

GRACIAS ALUMN@S!!!!!

A IMPORTANCIA DA APRENDIZAXE INTEGRADA


viernes, 14 de diciembre de 2018

1º PROXECTO STEM: O Río Miño en setembro 2018



Durante o primeiro trimestre o alumnado STEM apendeu a traballar a investigación científica. Aprendemos a recoller datos e a traballalos; aprendemos a documentarnos para poder acadar unha sconclusións contextualizadas; aprendemos moito....

Na segunda etapa aprenderemos a traballar os textos formais científicos. Sirva, agora como exemplo do noso traballo este reportaxe realizado por Jorge Fernández de 1º B e Xiao Louro /Judith Gesteiro e Mario López de 1ºA e 1º C. 

O próximo venres o alumnado STEM presentará no Salón de Actos os seus primeiros estudos científicos.


lunes, 10 de diciembre de 2018

Reunión STEM BAC en Santiago

David Quiroga e Jorge Fernández reflexionan na súa reportaxe sobra a Xornada STEM celebrada en Santiago o martes 27 de novembro.

jueves, 29 de noviembre de 2018

CHARLANDO... CUN PREMIO NOBEL


O martes 27 de novembro no Pazo de Congresos de Santiago, asistimos, xunto cos demais centros que participan no proxecto do STEMbach, a tres conferencias.

Na primeira, a divulgadora de ciencia Deborah García Bello, falounos do “Método científico”. A continuación, o alumnado asitiu ao relatorio “Desmontando mitos” por Rocío Pérez Montes, redactora de Maldita Ciencia. Os alumnos e alumnas participaron dun coloquio tan animado, que retrasou a seguinte conferencia.

Para rematar, coa profesora de matemáticas e divulgadora, Marta Macho Stadler, descubrimos que tamén o papel das mulleres científicas foi moi importante ao longo da historia. Aínda que moitas sexan todavía grandes descoñecidas!


Pola tarde, estivemos no IES Rosalía de Castro, no que se entregaban os premios “STEPHEN HAWKING”. Aínda que se nos facía tarde, e non poidemos estar presentes na entrega, vimos os proxectos que participaron no concurso, e mesmo unha alumna explicou o seu. Para rematar a xornada, participamos nun coloquio co premio Nobel de Química do ano 2016, Jean-Pierre Sauvage.

Unha intensa xornada STEM!

lunes, 26 de noviembre de 2018

CHARLANDO CON CIENTÍFICOS


Continuando coas actividades do Club de Ciencia, o pasado xoves, os alumnos de primeiro curso de bacharlato, tiveron a oportunidade de escoitar ao profesor da USC,  Alejandro Vilar López.

Nuha interesante charla, titulada “E Hawking dixo, fágase a luz”, falounos de Cosmoloxía, conseguindo achegarnos á teoría do Big Bang e ás aportacións de grandes científicos como Einstein, Hoyle ou Hawking á visión actual dun  universo en expansión. 



Posteriormente, estableceuse un coloquio co alumnado.

Mario, CArlos e Jaime de STEM BAC Ollos Grandes fixeron unha interesante entrevista a Alejandro Vilar López. Gracias, Alejandro pola túa colaboración. 
NOTA: O nome correto  é  E. Hawking pequena confusión con Richard Dawkins -etólogo inglés-.



miércoles, 21 de noviembre de 2018

ABRINDO VENTÁS Ó MUNDO

Na sesión de hoxe houbo ciencia, poesía, emocións....Hoxe STEM convertiuse en STEAM o arte e a creatividade artística afloraron pouco a pouco...... 

Pero chegou o momento especial en que o alumnado STEM, moi ben conducidos pola profesora Belén Gato, nos emocionou coas as  súas impresións acerca do proxecto STEM Ollos Grandes. En poucos minutos a súa creatividade aflorou!!!!!!

Séguenos  en Instagram Stem Bac Ies Ollos Grandes e pon ❤❤❤❤



viernes, 16 de noviembre de 2018

COMPETENCIA GLOBAL

A dispoñibilidade de auga potable é o reto do século XXI. 

Nos países ricos como o noso os datos de consumo por habitante poden chegar a 250 l/día/persoa. En Españao INE (Instituto Nacional de Estatística) publicou no ano 2012 o seguinte dato: consumo medio de auga nos nosos fogares  é de 137 litros por habitante e día.

Segundo a OMS precisanse 50 L  de auga por persoa  e día para asegurar os niveis básicos de hixiene e saúde dun persoa pero é obvio que non todos os habitantes do planeta poden acadar estos niveis de dispoñibilidade. Esto inclúe a hixiene persoal de lavandería e baño, a limpeza dos alimentos, a hixene do fogar. Con esto niveis mínimos de consumo estaríamos ante un nivel baixo do risco de enfermidades contaxiosas.

En países como Liberia, India, Ecuador........ este dato é, todavía, un  reto inalcanzable. Enfermidades como dengue, diarreas, gastroenterite, ....teñen a súa orixe na falta de auga potable. OMS  2012

No ano 2012; Manu Prakash presentou en TED talks un invento revolucionario que podería salvar millóns de vidas e o seu custo era inferior a 1~€!!!: Origami Foldoscope
O Universo de Origami foldoscope foi crecendo ata chegar ao universo Microcosmos .

“The Future of Education and Skills OECD Education 2030 Framework”, é o novo marco no que se enmarcan as actividades innovadoras en materia de educación. En este documento recóllese a importacia da inclusión da Competencia Global como un dos obxectivos principales para definir as estratexias educativas de este século. O movemento de persoas a nivel global conduce a unhas pobacións multiculturales con valores, hábitos e concepción diferentes, un mundo multicultural onde o respecto será fundamental. 

jueves, 15 de noviembre de 2018

CONEXIÓNS NO MUNDO ACTUAL

O primeiro trimestre  STEM Ollos Grandes está rematando.

Durante máis de 20 h no trimestre o alumnado foi aprendendo de forma directa e participativa (aprender facendo) como traballan os científicos. Aprendimos de física, de química, de bioloxía, de matemáticas e soubemos como a tecnoloxía fai máis sinxela a labor dos investigadores.


Pero sempre que tentamos parcelar o coñecemento descubrimos que o conxunto é máis que a suma das partes. Vimos que finalizar  un traballo de investigación sin a visión global e holística, pode facernos perder a perspectiva do problema. 

Necesitabamos explicitar as relacións que se dan entre esas partes e descubrir que é o que fai máis importante ao conxunto de factores. Necesitabamos facer máis evidentes as conexións. 

Mediante una dinámica chamada "Making connections" os alumnos analizaron a situación do Río Miño e o que o leva a ser un río con certa eutrofización nos meses de verán. 
Desvelamos algunhas das relacións complexas da dinámica do Río Miño ó seu paso por Lugo.

Entrevistas ó alumnado STEM OLLOS GRANDES

Na sesión STEM da semana pasade recibimos a visita de dous periodístas de El Progreso, o xornal diario de Lugo.


Durante máis de media hora compartiron co alumnado e o profesorado STEM as inquedanzas e a ilusión das dúas partes que forman STEM BAC.

Os 16 alumnos e alumnas e 8 dos 14 profesores que participan na iniciativa así como un profesor da USC que colabora no Proxecto STEM Ollos Grandes,  puxeeron sobre a mesa as razóns que os fixeron participar nesta iniciativa.

O alumnado, cunha madurez que sorprende a máis de un, dixeron estar participando nunha iniciativa que lles mostraba máis claramente a forma de traballar no mundo actual e aportaballes estratexias que facilitaban as aprendizaxes complexas.

Foi un momento entrañable tanto para profesores como para alumnos, para todos.

viernes, 9 de noviembre de 2018

STEM Maths II. Unha axuda para entender e explicar a realidade.

Estamos a darnos conta de que as matemáticas son unha ferramenta necesaria e útil para outras ciencias. Por exemplo, vimos que xunto coa bioloxía, a química e a física, serven para poder valorar o estado da auga do noso río.

Na charla de hoxe, o profesor do Departamento de Matemática Aplicada da USC Miguel A. Vilar, levounos máis aló das táboas de valores, as gráficas, as cifras significativas... Vimos como, a partir da observación do mundo real, podemos construír un modelo matemático que nos permita entender o que ocorre, distinguir os factores máis importantes que inflúen na situación que estudamos e facer predicións sobre a súa evolución.

Aínda que a  matemática que hai detrás é complexa, amosounos como se poden usar modelos matemáticos entre outros, en estudos ecolóxicos.


 Xiao e Rubén  entrevistan a Miguel A. Vilar:


miércoles, 31 de octubre de 2018

STEM comeza a escribir



Despois de todas as actividades que xa temos feitas, consideramos necesario facer un balance do  traballo realizado, o método empregado e os datos obtidos. 

As profesoras Ana López  e Pilar F. Illán, fixéronnos reflexionar sobre o método científico, como foi aplicado ao noso estudo da auga do río Miño e como encaixan os resultados que obtivemos dos parámetros físico-químicos cos dos indicadores  biolóxicos.

Chega pois o momento de comunicar os resultados: temos que redactar un texto que recolla de forma organizada a información que conseguimos. A profesora Rosa P. Parapar indicou ao noso alumnado as claves para redactar un texto científico e colaborou con eles na elaboración dun Resumo ou Abstract.



jueves, 25 de octubre de 2018

STEM e LUZ

Resulta abraiante pensar que a luz está en todo o que nos rodea. Pero nada sería como é sen a luz. O estudo da luz trouxo os científicos, e os trae, de cabeza. A súa natureza onda, corpúsculo, ambos  ???
O que sí é un feito que o estudo e comprensión de moitos fenómenos relacionados coa luz trouxo consigo  a su utilidade como ferramenta básica nos estudos científicos. Dende o estudo das estrelas, o big bang ó estudo das moléculas como o ADN. 

A actividade en STEM Ollos Grandes esta Semana deixou abraiado a máis de un ou unha !!

Wahji Al-Soufi, Mercedes Novo e Lucas Piñeiro, Campus Terra USC-Lugo, viñeron cargados de ilusión e coñecemento para mostrarnos como a luz nos axuda a valorar a cantidade dun contaminante no medio natural, neste caso dos fosfatos no Río Miño ó seu paso por Lugo.







miércoles, 17 de octubre de 2018

STEMaths I

Avanzando na proposta educativa feita dentro de STEM BAC no IES Ollos Grandes, este mércores comezamos a traballar o "Tratamento de datos" no contexto da Investigación que comezamos no Río Miño o 27 de setembro de 2018.

Nazareth Ascariz e Lidia Fernández levaron a cabo esta sesión na Aula de Informática.



Despois de unha breve introdución  os alumn@s comezaron o tratamento dos datos de pH recollidos en torno A Ponte Romana de Lugo. Representaron os datos e calcularon os valores medios.


O interese do alumnado STEM segue en alza. Agradecemos a súa atención e o seu interese. Para o profesorado é unha grande satisfacción.

☺☺☺✌

miércoles, 10 de octubre de 2018

VISITANDO O CACTUS-LUGO

Este mércores o alumnado STEM visitou o Centro de Apoio Científico - Tecnolóxico  sito no edificio CACTUS  (= Centro de Apoyo Científico-Tecnológico) do Campus Terra en Lugo.

Na primeira parte da sesión , Alba Román responsable de Microscopía , explicou o funcionamento do Microscopio Electrónico de Transmisión (MET) e o Microscopio Electrónico de Barrido MEB).




Na segunda parte, poidemos preparar e observar a MEB mostras de bentos recollido na saída ó Río Miño. 


Na imaxe a MEB observamos diatomeas do xénero Cocconeis, Navícula e Cyclotella.




A actividade tivo un gran éxito.

miércoles, 3 de octubre de 2018

OLLANDO NA AUGA


Mostra de plancton  do Río Miño. 

Observamos un plancton máis típico de finais de agosto que de outubro. As altas temperaturas e a falta de choiva no mes de setembro propiciou o desenrolo de especies de verán máis que de outono.

O alumnado STEM mostrouse comprometido coa actividade. Para moitos era a súa primeira vez cun microscopio.





OBSERVACIÓN DE BENTOS PRIMAVERAL NO RÍO MIÑO





A IMPORTANCIA DA DOCUMENTACIÓN

Na Biblioteca do IES Ollos Grandes tivo lugar a 1ª sesión sobre documentación  on line dentro do Programa STEM BACH.

Unha das labores máis importantes que un futuro científico debe ter, é "saber escoller fontes fiables de información", escapando de interpretacións e valoracións que poden levar a grandes erros. 

A labor de fomentar o pensamento crítico no alumnado é unha das premisas do noso programa.


sábado, 29 de septiembre de 2018

MOSTRAXE

A primeira actividade realizada co alumnado STEM consistiu na recollida de mostras de auga do Río Miño para avaliar o seu estado.

Cando chegamos ó punto escollido, atopamonos cun grupo de rapaces con ganas de comezar a traballar, con ilusión e ganas de aprender e, como docentes, sentímonos agradecidos de ter atopado un alumnado comprometido, alegre e moi disposto. Todo un premio para traballar.

Alumnado STEM do IES Ollos Grandes

O noso obxectivo era a recollida de datos para posteriormente traballar no laboratorio con mostras e valorar o estado do Río.


O acceso o as zonas de mostraxe do Río Miño foi doado xa que o nivel da auga é moi baixo e a corrente é lenta, a auga descorre sen demasiada presa cara o seu destino o Oceáno Atlántico.

Na imaxe podemos observar ós alumnos máis intrépidos valorando a velocidade da auga con métodos un tanto rudimentarios pero resultóns.


Foi unha tarde agradable e o profesorado saímos contentos da experiencia. Esperamos que os alumnos e alumnas estiveran contentos tamén!!






PRESENTACIÓN ALUMNADO

O martes 25 de setembro de 2018, o Director do IES Ollos Grandes e o equipo de profesores do STEM Bach ou Bacharelato de Excelencia do IES Ollos Grandes, déron a benvida ó Programa ao alumnado voluntario participante nesta modalidade.

Tanto alumnado como profesorado participan na experiencia de forma voluntaria e, tendo en conta quero traballo será fóra do horario escolar, o mérito é grande.

IES Ollos Grandes é un dos 14 centros que en toda Galicia impartirán este bacharelato de excelencia.

Deseamos unha boa andaina a este grupo compremetido. SORTE!!!!!



PODCASTING DE INICIO

Fragmento do texto de Xulio Verne coa aparición do mítico Nautilus.



viernes, 28 de septiembre de 2018

PREPARANDO O INICIO DE CURSO STEM BACH

Setembro 2018. Vimos de rematar as vacacións e con ilusión facemos a nosa primeira reunión unha vez coñecido que fomos pre-seleccionados para impartir STEM bach.

Empezamos con ilusión e moita alegría...do verán
Analizamos a proposta que presentamos en xullo e comezamos a organizar as primeiras tarefas de infraestructura: contactar cos profesores do Campus Terra, seleccionar materiais, webs STEM....

Pero a mellor noticia foi saber que había alumnado suficiente para impartir o primeiro curso de STEM. Hai voluntarios de horas extras de traballo, semella imposible pero sí, haínos!!! Destaca o feito que neste momento aínda non hai ningunha alumna apuntada. A palabra "tecnoloxía, enxeñaría segue sin calar demasiado entre as rapazas. Temos que poñernos mans a obra e tentar de chegar ó alumnado feminino.

INICIANDO A NOSA ANDAINA


O 22 de xuño de 2018 comezou a falarse de STEM BACH no IES Ollos Grandes de Lugo. Os profesores e as profesoras que participan no Club de Ciencia "Ollando ciencia" deciden aceptar á invitación do Director para solicitar o STEM bach no centro.
Co tempo xusto poñémos mans á obra e o no prazo dun mes a solicitude estaba na Consellería de Educación de Galicia. Enlace




Pero que é STEM? 

S (Science) Ciencia / Físcia, Química, Bioloxía, Xeoloxía
T (Technology) Tecnoloxía
E (Engineering) Enxeñaría
M (Math)  Matemáticas

Que é STEM BACH -Galicia? Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía

Enmarcado dentro da  Estratexia Galega para a educación dixital 2020, o bacharelato STEM tenta consolidar a educación científica do alumnado por medio do traballo interdisciplinar e colaborativo das materias de ciencias. Coa a súa na metodoloxía de proxectos, o alumnado STEM será quen de conectar as bases teóricas da ciencia coas aplicacións tecnolóxicas, biotecnolóxicas e das enxeñarías e bioenxeñarías que están a xorder nestes días.

Esta proposta  terá unha duración de 2 anos para o alumnado participante e no 2020 rematará coa presentacións dos traballos de investigación realizados por eles mesmos.

A proposta STEM Bach inclúe a participación da Universidade, asesorando, participando con charlas
e dirixindo os traballos de investigación finais. Para isto contamos coa colaboración de Profesorado da USC no seu Campus de Lugo

Coa traxectoria que o IES Ollos Grandes tivo ó longo da súa historia, o profesorado de ciencias non podía deixar pasar de largo ante esta convocatoria.

Así se crea STEM Bach Ollos Grandes baixo o título: "Aplicacións bio-tecnolóxicas I e II"


podcast

SESIÓN DOBLE

Neste mércores a sesión STEM dividíuse en dúas partes. COMUNICACIÓN A primeira parte tivo lugar na Biblioteca do IES Ollos Grandes e o P...