"Cóntamo e olvidareime, Ensínamo e pobablemente o recordarei, Involúcrame e o entenderei".CONFUCIO 450aC

sábado, 29 de septiembre de 2018

MOSTRAXE

A primeira actividade realizada co alumnado STEM consistiu na recollida de mostras de auga do Río Miño para avaliar o seu estado.

Cando chegamos ó punto escollido, atopamonos cun grupo de rapaces con ganas de comezar a traballar, con ilusión e ganas de aprender e, como docentes, sentímonos agradecidos de ter atopado un alumnado comprometido, alegre e moi disposto. Todo un premio para traballar.

Alumnado STEM do IES Ollos Grandes

O noso obxectivo era a recollida de datos para posteriormente traballar no laboratorio con mostras e valorar o estado do Río.


O acceso o as zonas de mostraxe do Río Miño foi doado xa que o nivel da auga é moi baixo e a corrente é lenta, a auga descorre sen demasiada presa cara o seu destino o Oceáno Atlántico.

Na imaxe podemos observar ós alumnos máis intrépidos valorando a velocidade da auga con métodos un tanto rudimentarios pero resultóns.


Foi unha tarde agradable e o profesorado saímos contentos da experiencia. Esperamos que os alumnos e alumnas estiveran contentos tamén!!






PRESENTACIÓN ALUMNADO

O martes 25 de setembro de 2018, o Director do IES Ollos Grandes e o equipo de profesores do STEM Bach ou Bacharelato de Excelencia do IES Ollos Grandes, déron a benvida ó Programa ao alumnado voluntario participante nesta modalidade.

Tanto alumnado como profesorado participan na experiencia de forma voluntaria e, tendo en conta quero traballo será fóra do horario escolar, o mérito é grande.

IES Ollos Grandes é un dos 14 centros que en toda Galicia impartirán este bacharelato de excelencia.

Deseamos unha boa andaina a este grupo compremetido. SORTE!!!!!



PODCASTING DE INICIO

Fragmento do texto de Xulio Verne coa aparición do mítico Nautilus.



viernes, 28 de septiembre de 2018

PREPARANDO O INICIO DE CURSO STEM BACH

Setembro 2018. Vimos de rematar as vacacións e con ilusión facemos a nosa primeira reunión unha vez coñecido que fomos pre-seleccionados para impartir STEM bach.

Empezamos con ilusión e moita alegría...do verán
Analizamos a proposta que presentamos en xullo e comezamos a organizar as primeiras tarefas de infraestructura: contactar cos profesores do Campus Terra, seleccionar materiais, webs STEM....

Pero a mellor noticia foi saber que había alumnado suficiente para impartir o primeiro curso de STEM. Hai voluntarios de horas extras de traballo, semella imposible pero sí, haínos!!! Destaca o feito que neste momento aínda non hai ningunha alumna apuntada. A palabra "tecnoloxía, enxeñaría segue sin calar demasiado entre as rapazas. Temos que poñernos mans a obra e tentar de chegar ó alumnado feminino.

INICIANDO A NOSA ANDAINA


O 22 de xuño de 2018 comezou a falarse de STEM BACH no IES Ollos Grandes de Lugo. Os profesores e as profesoras que participan no Club de Ciencia "Ollando ciencia" deciden aceptar á invitación do Director para solicitar o STEM bach no centro.
Co tempo xusto poñémos mans á obra e o no prazo dun mes a solicitude estaba na Consellería de Educación de Galicia. Enlace




Pero que é STEM? 

S (Science) Ciencia / Físcia, Química, Bioloxía, Xeoloxía
T (Technology) Tecnoloxía
E (Engineering) Enxeñaría
M (Math)  Matemáticas

Que é STEM BACH -Galicia? Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía

Enmarcado dentro da  Estratexia Galega para a educación dixital 2020, o bacharelato STEM tenta consolidar a educación científica do alumnado por medio do traballo interdisciplinar e colaborativo das materias de ciencias. Coa a súa na metodoloxía de proxectos, o alumnado STEM será quen de conectar as bases teóricas da ciencia coas aplicacións tecnolóxicas, biotecnolóxicas e das enxeñarías e bioenxeñarías que están a xorder nestes días.

Esta proposta  terá unha duración de 2 anos para o alumnado participante e no 2020 rematará coa presentacións dos traballos de investigación realizados por eles mesmos.

A proposta STEM Bach inclúe a participación da Universidade, asesorando, participando con charlas
e dirixindo os traballos de investigación finais. Para isto contamos coa colaboración de Profesorado da USC no seu Campus de Lugo

Coa traxectoria que o IES Ollos Grandes tivo ó longo da súa historia, o profesorado de ciencias non podía deixar pasar de largo ante esta convocatoria.

Así se crea STEM Bach Ollos Grandes baixo o título: "Aplicacións bio-tecnolóxicas I e II"


podcast

SESIÓN DOBLE

Neste mércores a sesión STEM dividíuse en dúas partes. COMUNICACIÓN A primeira parte tivo lugar na Biblioteca do IES Ollos Grandes e o P...