"Cóntamo e olvidareime, Ensínamo e pobablemente o recordarei, Involúcrame e o entenderei".CONFUCIO 450aC

domingo, 19 de mayo de 2019

STEM NO CONGRESO DE CIENCIA 2019

PROXECTOS DESTACADOS DO ALUMNADO STEM

Vida útil da carne picada e da carne burger meat.


Consecuencias do exceso de azucre blanco nos alimentos

jueves, 16 de mayo de 2019

Impresión 3D


 MEMBRANA PLASMÁTICA 3D PERSOALIZADA

A membrana plasmática STEM Ollos Grandes

Nesta última sesión STEM o alumnado diseñou proteínas plasmáticas de distintos tipos coa finalidade de rematar a estrutura 3D que comezaramos na sesión anterior.

Despois dunha introdución ós distintos tipos de proteínas de membrana cada alumno, coa axuda do profesorado de tecnoloxía, Covadonga Yugüeros e Miguel Anxo Barreiro deseñou a súa estrutura terciaria: Bombas Na+-K+, proteínas canal, aquoporinas, glicidos de membrana.....

Una sesión especial para rematar un curso excepcional.



viernes, 10 de mayo de 2019

STEM Ollos Grandes en Talent lab

TALENT LAB -  MAIO  2019- LUGO

[Ter Talento, ser talentoso: posuír capacidade intelectual + implicarse nas tarefas + ser creativo]

Todo isto foron hoxe os alumnos e alumnas do IES Ollos Grandes na Feira Talent lab de Lugo.







miércoles, 8 de mayo de 2019

IMPRESIÓN 3D. Profesor Francisco Javier López-USC

CREANDO UNHA MEMBRANA PLASMÁTICA


Na xornada de hoxe disfrutamos coa montaxe de dúas membranas plasmáticas en 3D. Na charla interactiva de Francisco González profesor do Campus Terra de Lugo disfrutamos moito.

Poidemos observar de cerca a figura chamanda "escutoide". 

Esta figura xeométrica está composta pola combinación de dúas estruturas, una de bases pentagonais e otra de bases hexagonais, encaixen perfectamente e de forma estreita. 

Esta estrutura descuberta o ano 2018 por un equipo de investigación da Universidade de Sevilla, localízase no epitelio intestinal. Esta forma de ensamblaxe das células intestinas permite unha ampla zona de contacto e comuniucación inercelular o mesmo tempo que asegura unj peche compacto entre elas de forma que non entran sustancias estranas no interior dos tecidos.

Na segunda parte, o profesor Francisco Javier e o profesor de tecnoloxía, Miguel Anxo, truxeron as impresións  3D por pezas dos compoñentes básicos de dúas da membranas plasmáticas ( A bicapa lipídica e tres tipos de proteínas de transporte de membrana xunto con unha enzima ATPasas.

Todos disfrutamos coa  elaboración da nosa membrana plasmática.


Grazas por facernos disfrutar coa actividade.

viernes, 3 de mayo de 2019

FEIRA DE CIENCIA: TALENT LAB


OS PREPARATIVOS:

 " O PODER DAS MOLÉCULAS: A CLOROFILA"

O alumnado STEM foi invitado a participar na Feira de Ciencia: Talent Lab que terá lugar o venres 10 de maio, no Espazo Cultural Vello Cárcere de Lugo.

Os alumnos e alumnas realizarán diversos talleres que axudarán a disfrutar da Feira os rapaces e rapazas de distintos centros de Lugo que participarán na Feira.

As actividades están coordinadas polo Grupo    no que participan ademáis do Profesorado de Secundaria, a USC, o Concello de Lugo e a Deputación de Lugo.





Un dos tallares explicará conceptos como anfótero e pH, por medio dun xogo de córes.









O seguinte taller ensinará técnicas de separación de sustancias por medio dunha Cromatografía. Separaremos pigmentos vexetais  e aprenderemos a distinguilos.









Outro dos talleres consistirá en demostrar o poder da clorofila por medio do movemento de follas de espinacas. 




PÓSTERS EXPLICATIVOS DOS TALLERES A REALIZAR


viernes, 26 de abril de 2019

IMPRESIÓN 3D E STEM OLLOS GRANDES

INTRODUCIÓN Á IMPRESIÓN 3D 

Comezamos a fase final de STEM do curso 2018 - 2019. O obxectivo de esta fase é conectar as materias STEM por medio da impresión 3D. 

Nesta primeira sesión, o profesor de tecnoloxía, Miguel Anxo Barreiro, introdúxenos na Impresión 3D por medio da súa historia e as súas técnicas básicas.

Con unha linguaxe clara e sinxela pero co uso dunha terminoloxía nova para o alumnado e o profesorado asistente, aprendimos de patentes, startups , 3D Systems, impresión 4D e tecidos intelixentes, entre outros.

Nesta primeira sesión o alumnado familarizouse co programa básico de impresión 3D e desenvolveron o seu primeiro proxecto.



A POTENCIALIDADE DA IMPRESIÓN 3D en Ollando a ciencia (Club de Ciencia do IES Ollos Grandes). Visítanos 


miércoles, 10 de abril de 2019

PROXECTOS STEM 2019

REUNIÓN NO BACKSTAGE

Hoxe tivemos a terceira reunión STEM Ollos Grandes e os representantes do profesorado da USC, entre eles o profesorado de Xuvenciencia. Tamén contamos coa presenza da coordinadora STEM en Lugo, Marta Coria.

Na reunión puxemos sobre a mesa os posibles proxectos a desenvolver polo alumnado STEM para o curso 2019 - 2020. Contamos coa colaboración desinteresada do profesorado da USC e, para comezar coa experiencia optamos por escoller proxectos sinxelos para avanzar pouco a pouco.

Na segunda parte da reunión o alumnado tomou o primeiro contacto coas propostas realizadas e procedeuse a selección de algún proxecto por parte do alumnado.

A continuación os proxectos ofertados e a escolla realizada polo alumnado ata agora.

CIENCIA EN GALEGO.

ASPECTOS FORMAIS


O mundo da ciencia ten unha linguaxe propia (clara, concreta, concisa, argumentativa...) pero tamén unha lingua vehícular propia, o Inglés. En STEM Ollos Grandes xa fixemos sesións para traballar aspectos específicos do uso da Lingua Inglesa na Ciencia. E serviunos para mergullarnos por primeira vez nos artigos científicos.

A sesión de hoxe recdordounos a dificultade que teñen as Linguas minoritarias para abrirse camiño nun mundo tan específico como o da ciencia. utilizando a información aportada por Xurxo Mariño na cahrla da semana pasada, a profesora de Lingua Galega Auri Penas, abordou esta dificultade co alumnado STEM.


Así mesmo esta sesión serviu para abordar os aspectos formais da comunicación escrita na ciencia e na organización dos proxectos de investigación.

Unhas  verbas de Xurxo Mariño:

sábado, 6 de abril de 2019

LOGO STEM BACH

COMUNICAR Á SOCIEDADE.......



Na sesión práctica de comunicación á sociedade, no mes de outubro, o alumnado STEM abriu á súa conta en Instagram, a rede social que máis seguen na actualidade. Podes seguila en @stemiesollosgrandes.

Ese día o equipo do alumnado STEM déunos unha gran alegría:  escolleron como mascota do programa STEM  a "diatomea". 
As diatomeas servíronnos de referencia no estudo medioambiental do Río Miño o seu paso por Lugo. So coa súa presenza ou ausencia podemos coñecer o estado ambiental dunha corrente de auga.

Estes día, a profesora de Tecnoloxía, Covadonda Yugüeros, sorprendeunos cuns preciosos pins identificativos do Programa STEM do IES Ollos Grandes.

Este pin identificará o noso alumnado nas Feiras de ciencias ás que estamos invitados e que xa vos iremos contando.

Cocconeis placentula  var. euglyphta é a especie de diatomea máis característica das poboacións do Río Miño e aparece en tódalas  épocas do ano. O seu esqueleto silíceo, visto a MET (microscopio electrónico de transmisión), é espectacular.




Moitas grazas, Covi.!!!

jueves, 4 de abril de 2019

Traballo na sala de atrás

REUNIÓNS DE PROFESORADO STEM

Detrás de proxectos innovadores e envolventes sempre hai un equipo coordinado e profesional. Esta premisa básica é a que tentamos aplicar ó noso plan de acción dentro de STEM BACH Ollos Grandes.

As reunións de profesorado sempre son fructíferas, cordiais e cheas de boas ideas. No día de onte celebramos a última de este trimestre. Había un gran número de temas que tratar pero destacaba o aire que se repiraba de cordialidade e de sensación de traballo ben feito e disfrutado.

Valoramos as propostas para preparar o Stand para a Feira da Ciencia a celebrar en Lugo o día 9 de maio, preparamos as sesións finais co alumnado STEm e presentouse un proxecto de Visitas Científico - didácticas para realizar cos alumnos e alumnas no mes de setembro, curso 2019 - 2020.

Grazas a tod@s porque so do traballo colaborativo obtemos grandes logros.☺☺☺☺

miércoles, 27 de febrero de 2019

GRUPOS DE DEBATE

SORTEO DOS GRUPOS DE DEBATE

Diante do profesorado STEM, o coordinador do debate , profesor Félix Ordóñez, realizou o sorteo do alumnado para formar os dous equipos de debate.

Vemos aquí os compoñentes de ámbolos dous equipos.

DESVELANDO O ENIGMA III.

O SEXO DOS PEIXES EN ACUICULTURA 

Valoracións económicas

Unha charla - coloquio de Paulino Martínez, catedrático de Xenética no Campus Terra - USC.

No remate deste segundo trimestre de STEM BAC Ollos Grandes, tivemos a sorte de contar co profesor da Facultade de Veterinaria, Paulino Martínez. 

Ademais de investigador de prestixio internacional en acuicultura,  e Coordinador do Programa BioRedes do Campus Terra - USC.

Gran coñecedor do ensino do Bacharelato participa en distintas iniciativas encamiñadas a conectar a educación básica coa universitaria.

Esta tarde, falounos da importancia do sector da acuicultura en Galicia e desvelounos algúns segredos acerca da chamada Bioeconomía circular, onde un refugallo chega a se converter en recurso e así poder xestionar mellor os impactos das "granxas acuícolas" no medio.

Pero sen dúbida, a estrela da charla - coloquio foi a comprensión da herdanza do sexo, os factores, ambientais, hormonais...que afectan á determinación sexual nos peixes de acuicultura.

O alumnado STEM participou activamente na charla e houbo preguntas de grande interese durante toda a charla. 

Van aquí algunhas desas preguntas.





miércoles, 20 de febrero de 2019


Desvelando o enigma. Parte II

 Identificando mutacións xenéticas 


Comezamos a actividade desta tarde na aula de informática. O profesor Carlos Villamor ensinounos a usar BLAST, unha ferramenta que nos permite identificar a que organismo pertence unha determinada secuencia de nucleótidos.

Cada grupo seleccionou un fragmento dunha secuencia de nucleótidos e conseguiu identificala indicando o xénero e especie á que pertence así como o xene co que coincide a secuencia. Algún grupo obtivo como resultado que a secuencia pertencía a un gorila, debido a que comparten unha importante cantidade de material xenético cos humanos.


Logo, usando Chromas, buscamos cambios nalgunha das bases nitroxenadas, aprendimos a nomealas correctamente e identificamos a enfermidade producida polas mutacións detectadas.


Entrevista a Carlos Villamor, profesor de Bioloxía no IES Ollos Grandes


O debate filosófico


Xa na biblioteca, J. Félix García, animounos a reflexionar sobre o debate filosófico: que é?, cal é a súa finalidade? como debe desenrolarse?. 

Falounos de David Hume e a falacia naturalista, do consecuencialismo e a deontoloxía… 


Haberá un grupo gañador do debate final?


miércoles, 13 de febrero de 2019

Desvelando o enigma. Parte I

PROBAS DE PATERNIDADE  E  MÁIS .....


Series de televisión como CSI, Bones, NICS puxeron moi de moda usos e costumes específicos nos laboratorios forenses; novas biotecnoloxías como a PCR, Reacción en cadea da enzima polimerasa; aparellos moi sofisticados como os espectofotómetros, as cubetas de electroforesis.... e por suposto, un novo persoal científico familiarizado con estas novas tecnoloxías e cos coñecementos suficientes como para poder desenvolver o seu traballo con soltura e seguridade. 

Da análise que realizan das probas obtidas nos escenarios obteránse datos para poder xulgar as persoas implicadas. Como se pode ver, feitos de gran trascendencia.

A investigación científica en campos como este que citamos supón un valor engadido no PIB dun país. Venme aquí ó recordo a científica Margarita Salas que co  descobremento do virus phi 29, bacteriofago moi utilizado en biotecnoloxía, financiou a varias xeracións de científicos e investigadores cos royalties da patente de phi29. 

Hoxe, Jaime Castro deleitounnos cunha actividade digna de un capítulo de CSI, no que poidemos observar a pegada xenética de varias mostras de ADN.
Aínda que complexa na súa concepción teórica, a análise das imaxes obtidas son sinxelas á hora da súa interpretación.



Moitas grazas ó Departamento de Xenética de Veterinaria da USC por prestarnos o material de laboratorio necesario para desenvolver a actividade e  ó profesor Jaime Castro por compartir o seu coñecemento connosco.

Compartimos aquí as súas impresións.

domingo, 10 de febrero de 2019

A importancia da comunicación á sociedade

 "Un soño en soedade é so un soño, un soño compartido é unha realidade" John Lennon


Non hai unha verdade máis grande que esta que (máis ou menos) escribiu John Lennon na súa etapa de "Imagine". O traballo en soidade por moi novedoso, innovador e valioso que sexa queda no caixón agachado sen descubrirse e pouco valorado porque, normalmente, é incomprendido. Só cando ese traballo se comporta e forma parte dun conxunto as forzas da natureza alíanse para facerse realidade e pasar a ser unhas "boas prácticas".

Neste sentido, o STEM IES Ollos Grandes conta cuns colaboradores de luxo que dan forza, seguridade e sentido ó quefacer voluntario de profesores e alumnado: o equipo de Xuvenciencia e os Departamentos de Xenética e Matemáticas Aplicadas do Campus Terra - USC en Lugo. Sin eles non poderíamos trasferir o coñecemento dende os centros de investigación ó alumnado que precisa estar conectado e actualizado máis que nunca coa realidade. 

O éxito na construcción da Humanidade foi a transferencia do coñecemento para que as novas xeneracións poidan partir duns estándars máis elevados que axuden á toma de decisións e á prosperidade.

Neste sentido, agradecemos a súa colaboración porque sin eles esa transferencia non sería posible.

Podes visitar o seu enlace  na web da USC     STEM BAC Ollos Grandes-.


E seguindo coa nosa premisa de comunicar publicamos a entrevista que David Quiroga fai á profesora de Robótica do IES Ollos Grandes.


miércoles, 6 de febrero de 2019

Batas brancas: Fotosíntese

Día 16.

Despois de moitas horas de traballo conxunto profesorado - alumnado STEM, as pautas e as estratexias a seguir saen de forma natural e espontánea. Esta circunstancia fai posible abordar estratexias máis complexas e, tamén, máis impregnadas do puro estilo STEM.

É dicir, como entender o proceso de fotosíntese e os seus factores limitantes dende a perspectiva STEM o que precisa da integración de Física - Química, Bioloxía e Matemáticas!!!!

Durante dúas horas o alumnado preparou distintas disolucións de NaHCO3 e seguiu a traxectoria de follas de espinacas durante case unha hora para comprobar a eficacia da fotosíntese. Na parte final representaron os datos obtidos e discutiron os resultados.

Todo un bó facer de aprendizaxe integrado. 

Os vídeos da actividade poden seguirse na conta de Instagram




miércoles, 30 de enero de 2019

BATAS BLANCAS: Xuvenciencia


FOTONICS  + CÁLCULO PROTEICO

Na sesión de hoxe o alumnado STEM aproximouse a dous protocolos ben diferenciados. 

No Laboratorio 1 fixeron o cálculo da lonxitude de onda dun láser vermello e a partires de aí obtiveron o grosor do cabelo humano.

No laboratorio 2 valoraron a calidade do leite calculando o seu contido proteico.

As actividaes discorreron con gran interese por parte do alumnado, participando activamente na súa realización e colaborando coas súas respostas cara unha mellor comprensión dos conceptos que se manexaban.

Sempre que facemos estas actividades lamentámonos da gran extensión dos curriculos de bacharelato o que dificulta a aprendizaxe práctica, contextualizada e de calidade que debía marcar esta etapa. Non debería ser un cúmulo de materia sin máis. Debería responder a uns programas ben estruturados dende a base, cunha boa selección de conceptos claves e poder construír a partires destes programas axeitados en tempo e espazo ás características do alumnado.

Agradecemos, como sempre, a gran colaboración que está a prestar o grupo de Xuvenciencia da USC - Campus Lugo ao Bacharelato STEM deste Centro.

miércoles, 23 de enero de 2019

BATAS BRANCAS: Cultivo in vitro


CULTIVOS IN VITRO


Recuperar especies de interese


Juan Luis Fernández, profesor da USC regalounos unha xornada entrañable. Cunha metodoloxía dinámica e envolvente conseguiu manter a atención de todos nós. 


O alumnado aprendeu as técnicas básicas de manipulación de explantos e posterior enraizamento no medio natural.

Un día de foto!!!☺❤❤☺☺
Esta foi unha actividade deseñada baixo as presmisas máis puras da aprendizaxe STEM, xa que partindo do coñecemento da ciencia básica, dende as células vexetais, ó ADN, ó pH, e os factores ambientais, chegamos a calcular o crecemento exponencial dos explantos obtidos. A aplicación da biotecnoloxía empregada xurdiu no debate posterior á actividade e da man do alumnado: preservar especies en perigo.
Toda unha lección STEM.


ESCOITA o coloquio que xurdiu despois da fase práctica


martes, 22 de enero de 2019

ESCOITAR CIENCIA NO CONTEXTO


"O salmón como batea do mexillón no Río Miño, Lugo"

Hoxe a Biblioteca tiña microscopios.......

O Club de ciencias e a Biblioteca do IES Ollos Grandes participaron conxuntamente nesta actividade de divulgación científica. O ex alumno Pedro Castrillo, na actualidade Doctorando na Facultade de Veterinaria deleitounos coaa súa experiencia científica
Pedro explicou á súa investigación de forma sinxela, rigorosa e con moita chispa. Mesmo nos fixo cantar. O seu material inédito, de gran calidade, mergullounos no mundo da investigación ó máis alto nivel. 

O alumnado poido observar a microscopio algunhas das súas mellores preparacións microscópicas.


Felicidades, Pedro polas túas historias e polo teu entusiasmo ó comunicar!!!


Ó remate da actividade Ana Salazar e Paula Jover fixeron a seguinte entrevista. Escoítaa, é moi interesante.


miércoles, 16 de enero de 2019

SESIÓN DOBLE

Neste mércores a sesión STEM dividíuse en dúas partes.

COMUNICACIÓN

A primeira parte tivo lugar na Biblioteca do IES Ollos Grandes e o Profesor de Filosofía, Félix Órdoñez foi o mestre de ceremonia. Presentou ó alumnado a actividade avaliable de este trimestre: a participación no  debate a desenvolver a principios de marzo.

A pregunta a responder:

Paga a pena saír da ignorancia que plantexaba Spinoza (Filósofo século XVI) e perseguir o coñecemento científico do ADN?

A actividade de presentación do debate foi espectacular e adentrounos nas orixes do debate sobre o libre albedrío e a liberdade das persoas, temas de gran actualidade hoxe e cara o mundo que se aveciña. Gracias por aportarnos esa visión tan humanista, profunda e actual.





BATAS BRANCAS
Na segunda parte subimos o laboratorio para analizar o proceso de fotosíntese. Recolleránse os datos no recreo de mañá xoves.


jueves, 10 de enero de 2019

BATAS BRANCAS: Calor de reacción


Comezamos co segundo trimestre de Stem Bach Ollos Grandes. Tarde moi fría en Lugo pero ánimos altos para retomar o pulso.

A nosa proposta para o segundo trimestre leva por título:
DESCIFRANDO O ENIGMA. SISTEMA CÉLULA



Como exemplo dos cambios na enerxía que acompañan a todas as reaccións químicas que se producen na nosa contorna, a profesora Ana López dirixiu unha interesante  actividade de determinación da calor dunha reacción,.


Nas seguintes semanas faremos moitas prácticas que nos permitan estudar os sistemas vivos/células. Esperamos que o noso alumnado quede atrapado no bonito mundo das batas brancas!!


No curto que hai a continuación podemos ver o ambiente da actividade.






podcast

STEM NO CONGRESO DE CIENCIA 2019

PROXECTOS DESTACADOS DO ALUMNADO STEM Vida útil da carne picada e da carne burger meat. Consecuencias do exceso de azucre blanco ...