"Cóntamo e olvidareime, Ensínamo e pobablemente o recordarei, Involúcrame e o entenderei".CONFUCIO 450aC

miércoles, 30 de enero de 2019

BATAS BLANCAS: Xuvenciencia


FOTONICS  + CÁLCULO PROTEICO

Na sesión de hoxe o alumnado STEM aproximouse a dous protocolos ben diferenciados. 

No Laboratorio 1 fixeron o cálculo da lonxitude de onda dun láser vermello e a partires de aí obtiveron o grosor do cabelo humano.

No laboratorio 2 valoraron a calidade do leite calculando o seu contido proteico.

As actividaes discorreron con gran interese por parte do alumnado, participando activamente na súa realización e colaborando coas súas respostas cara unha mellor comprensión dos conceptos que se manexaban.

Sempre que facemos estas actividades lamentámonos da gran extensión dos curriculos de bacharelato o que dificulta a aprendizaxe práctica, contextualizada e de calidade que debía marcar esta etapa. Non debería ser un cúmulo de materia sin máis. Debería responder a uns programas ben estruturados dende a base, cunha boa selección de conceptos claves e poder construír a partires destes programas axeitados en tempo e espazo ás características do alumnado.

Agradecemos, como sempre, a gran colaboración que está a prestar o grupo de Xuvenciencia da USC - Campus Lugo ao Bacharelato STEM deste Centro.

miércoles, 23 de enero de 2019

BATAS BRANCAS: Cultivo in vitro


CULTIVOS IN VITRO


Recuperar especies de interese


Juan Luis Fernández, profesor da USC regalounos unha xornada entrañable. Cunha metodoloxía dinámica e envolvente conseguiu manter a atención de todos nós. 


O alumnado aprendeu as técnicas básicas de manipulación de explantos e posterior enraizamento no medio natural.

Un día de foto!!!☺❤❤☺☺
Esta foi unha actividade deseñada baixo as presmisas máis puras da aprendizaxe STEM, xa que partindo do coñecemento da ciencia básica, dende as células vexetais, ó ADN, ó pH, e os factores ambientais, chegamos a calcular o crecemento exponencial dos explantos obtidos. A aplicación da biotecnoloxía empregada xurdiu no debate posterior á actividade e da man do alumnado: preservar especies en perigo.
Toda unha lección STEM.


ESCOITA o coloquio que xurdiu despois da fase práctica


martes, 22 de enero de 2019

ESCOITAR CIENCIA NO CONTEXTO


"O salmón como batea do mexillón no Río Miño, Lugo"

Hoxe a Biblioteca tiña microscopios.......

O Club de ciencias e a Biblioteca do IES Ollos Grandes participaron conxuntamente nesta actividade de divulgación científica. O ex alumno Pedro Castrillo, na actualidade Doctorando na Facultade de Veterinaria deleitounos coaa súa experiencia científica
Pedro explicou á súa investigación de forma sinxela, rigorosa e con moita chispa. Mesmo nos fixo cantar. O seu material inédito, de gran calidade, mergullounos no mundo da investigación ó máis alto nivel. 

O alumnado poido observar a microscopio algunhas das súas mellores preparacións microscópicas.


Felicidades, Pedro polas túas historias e polo teu entusiasmo ó comunicar!!!


Ó remate da actividade Ana Salazar e Paula Jover fixeron a seguinte entrevista. Escoítaa, é moi interesante.


miércoles, 16 de enero de 2019

SESIÓN DOBLE

Neste mércores a sesión STEM dividíuse en dúas partes.

COMUNICACIÓN

A primeira parte tivo lugar na Biblioteca do IES Ollos Grandes e o Profesor de Filosofía, Félix Órdoñez foi o mestre de ceremonia. Presentou ó alumnado a actividade avaliable de este trimestre: a participación no  debate a desenvolver a principios de marzo.

A pregunta a responder:

Paga a pena saír da ignorancia que plantexaba Spinoza (Filósofo século XVI) e perseguir o coñecemento científico do ADN?

A actividade de presentación do debate foi espectacular e adentrounos nas orixes do debate sobre o libre albedrío e a liberdade das persoas, temas de gran actualidade hoxe e cara o mundo que se aveciña. Gracias por aportarnos esa visión tan humanista, profunda e actual.





BATAS BRANCAS
Na segunda parte subimos o laboratorio para analizar o proceso de fotosíntese. Recolleránse os datos no recreo de mañá xoves.


jueves, 10 de enero de 2019

BATAS BRANCAS: Calor de reacción


Comezamos co segundo trimestre de Stem Bach Ollos Grandes. Tarde moi fría en Lugo pero ánimos altos para retomar o pulso.

A nosa proposta para o segundo trimestre leva por título:
DESCIFRANDO O ENIGMA. SISTEMA CÉLULA



Como exemplo dos cambios na enerxía que acompañan a todas as reaccións químicas que se producen na nosa contorna, a profesora Ana López dirixiu unha interesante  actividade de determinación da calor dunha reacción,.


Nas seguintes semanas faremos moitas prácticas que nos permitan estudar os sistemas vivos/células. Esperamos que o noso alumnado quede atrapado no bonito mundo das batas brancas!!


No curto que hai a continuación podemos ver o ambiente da actividade.






podcast

STEM NO CONGRESO DE CIENCIA 2019

PROXECTOS DESTACADOS DO ALUMNADO STEM Vida útil da carne picada e da carne burger meat. Consecuencias do exceso de azucre blanco ...